lunes, 27 de febrero de 2023

Cronica

O pasado domingo outra vez os de Paso Miúdo volvimos a xuntarnos, esta vez para comezar O Camiño do Cantábrico en Ribadeo..

Comezamos a nosa andaina as 9 da mañá no Cargadoiro de Ribadeo, un antigo peirao de carga para barcos de gran calado polo que no pasado século facían chegar minerais como ferro a través do ferrocarril, seguimos coa nosa andaina e chegamos a Illa Pancha, Esta illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo, de planta cadrada e actualmente rehabilitado como aloxamento turístico, foi construído no século XIX e posteriormente substituído polol actual a finais do século XX. Este último, de maior alcance, erguese sobre unha torre circular de formigón decorada con franxas brancas e negras ..

Despois de pasar acantilados e praias, chegamos a Rinlo un porto de orixe medieval creado nun dos poucos entrantes propicios para eso desta costa, presenta un conxunto de casas mariñeiras dispostas a un lado de estreitas ruas que as protexen dos fortes ventos. As hortas que as rodean delatan a condición de mariñeiros e campesiños do seus habitantes, aquí fixémolo noso tradicional avituallamento para recuperar forzas, aínda que esta etapa é bastante doada , antes de irnos parte do noso grupo foi a reservar a un restaurante da zona para unha vez acabada a ruta degustar o seu arroz caldoso..

Dende Rinlo seguimos pola veira do mar , pasamos a antiga cetaria a cal sobre eo ano 1904 comeza a funcionar , unha cetaria natural destinada ao cultivo de langosta e centolas, levantada sobre unha zona da costa onde unha lingua de mar entra nas rochas e constrúe unha pequena piscina natural e zona de abrigo.

Seguimos pola Praia de Xuncos a Praia Os Castros a Praia de Illas a Praia de Esteiro e chegamos a Praia das Catedrais onde baixamos para visitala a ela e mais o gaiteiro que xa é usual nesta praia, sacar a foto de grupo e xa subimos polo moito frío que comezaba a facer.

Para a vindeira ruta iremos dende aquí ata Mañente no concello de Foz



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario